Kodak declárase en suspensión de pagos para afianzarse no eido dixital
xoves, 19 de xaneiro do 2012
Kodak, compañÃa histórica do eido da fotografÃa
e a imaxe, leva anos loitando por adaptarse aos novos tempos, definitivamente máis
dixitais que analóxicos, ficando relegada esta segunda tecnoloxÃa, a analóxica,
a seareiros teimudos e a saudosos de vellos métodos de creatividade. Pois ben,
semella que a loita finalmente non valeu de moito, posto que o xigante da
fotografÃa vén de declararse en suspensión de pagos. O motivo: reestruturar
a súa actividade.
A compañÃa estadounidense, fundada en 1888 e
propietaria de máis de mil patentes, busca mellorar e reordenar a súa posición
de liquidez, tanto no seu paÃs de orixe como no reto do mundo. Con isto,
sinala, rendibilizaranse os seus dereitos de propiedade intelectual non estratéxicos
e poderá concentrarse nas liñas de negocio que arestora lle poden de meirande
potencialidade, máis polo miúdo as ligadas ao dixital. Isto, con todo, non é
novo. Ao longo dos últimos anos, a compañÃa foi obxecto dunha serie de
transformacións cara aos novos formatos e acubillos fotográficos, cousa que xa
representaba o 75% da súa facturación.
