Ipoki estrea aplicación para Facebook
martes, 13 de maio do 2008

- Diego Fernández e Alberto Andrés presentando as novidades de Ipoki visto a través da cámara de James Duncan Davidson
Como tiñan anunciado,
a xente de Ipoki
participou na Where2.0 Conference celebrada en Burlingame
(California), onde deron a coñecer as últimas novidades de Ipoki, coma son as
integracións con iGoogle, Netvibes, Apple Dashboard e Google Earth ou as aplicacións
de Ipoki para Twitter, Flickr e Facebook.
Con esta presentación a empresa galega dedicada aos desenvolvementos de
solucións GPS orientadas a redes sociais puido achegar as súas creacións a
Silicon Valley, sendo a única empresa española presente no evento.
Trala presentación podemos ver que a aplicación
de Ipoki para Facebook xa está dispoñible, e amosa a
posición do usuario en tempo real sobre mapas de Google nesta popular rede
social na que se integra de xeito fluÃdo, permitindo:

- Ipoki xa conta coa súa propia aplicación en Facebook
- Compartir a localización a través do perfil de usuario usando Google Maps
Localizar a amigos e familiares en calquera lugar
Comunicarse con outras persoas que comparten a súa localización
Rastrexar en tempo real a calquera que conte cun dispositivo GPS
Seguir a persoas en Google Maps e Google Earth
Toda unha chea de prestacións que agradecerán os máis de 8.000 usuarios
rexistrados neste servizo que chega da Coruña a todo o mundo.
