Instagram permite incluír contidos efémeros nas conversas privadas

martes, 11 de abril do 2017 Marcus Fernández

Instagram parece querer culminar a súa emulación das características de Snapchat, e está a renovarse para incorporar novas mensaxes directas, que permitirán enriquecer cada conversa entre usuarios con fotografías e vídeos, permitindo que no mesmo fíos poidan combinarse textos e compartidos con imaxes e vídeos efémeros.
Esta nova funcionalidade consiste principalmente en permitir empregar a cámara de Instagram dentro dunha mensaxe directa, para compartir unha fotografía ou vídeo (que pode enriquecerse coas ferramentas da aplicación) que poderán verse só un par de veces e que, para manter o espírito efémero perseguido, notificará ao emisor no caso de que o usuario que reciba o contido realice unha captura de pantalla.
Este tipo de funcionalidades efémeras buscan facilitar a realización de comunicacións espontáneas e desenfadadas, compartindo contidos que non soportarían o veredicto do tempo, de aí que se empregue a compoñente efémera para que os usuarios sexan máis libres de relacionarse. Inicialmente este tipo de prestación en trunfaba en Snapchat para prácticas como o sexting, pero haberá que agardar para ver se en Instagram acontece o mesmo ou este tipo de comunicacións efémeras pasan a empregarse doutro xeito.

PUBLICIDADE