InnovaPyme Galicia organiza obradoiros virtuais sobre I+D
luns, 2 de novembro do 2009
Entre as actividades da Semana da Ciencia galega que máis apostan por renovar a canle da mensaxe atópase o obradoiro colectivo Cómic da Innovación, un evento a celebrar en Vigo durante case todo o mes de novembro e dirixido sobre todo a estudantes da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos. A actividade, organizada pola Fundación InnovaPyme Galicia, ten o obxectivo de divulgar entre as/os rapazas/os as vantaxes da ciencia e a investigación a través dunha ferramenta virtual que sirva como manual de exemplos e instrucións (guÃa para iniciados) e que sitúe o eido da innovación o máis preto posible dos estudantes.
O evento baséase sobre todo na necesidade de achegarlles os primeiros pasos a seguir na innovación aplicada á empresa, contorno no que desenvolverán a carreira laboral unha boa parte dos participantes. Para máis información, cómpre chamar ao 886139749 ou ben enviar un correo á conta innovapyme@innovapymegalicia.es.
