Impulsa TDT favorecerá a implantación da TDT en 40.000 edificios da provincia da Coruña
mércores, 8 de agosto do 2007
En que consiste a Televisión Dixital Terrestre? Que oportunidades ofrece? Que vai pasar coa chegada do apagón analóxico programado para 2010? Para responder a estas e outras preguntas, das formuladas e das que aÃnda están por formular (que son moitas), xurdiu a plataforma Impulsa TDT, unha entidade na que participan empresas públicas e privadas do sector, directa ou indirectamente interesadas en que a cidadanÃa teña coñecemento das vantaxes da nova televisión fronte á convencional (a da imaxe con chuvia e interferencias no verán). Estes dÃas, segundo informa El Correo Gallego, Impulsa TDT está atarefada nunha xira de información por terras galegas, tendo o seu punto de orixe na Coruña.
O fin da campaña é informar ós cidadáns da necesidade de habilitar a nova tecnoloxÃa, xa que a partir de 2010 non será posible seguir gozando da vella tecnoloxÃa analóxica.
Con este obxectivo, a iniciativa Impulsa TDT vai establecer contacto coas comunidades de veciños para facelos participar no proceso.
No caso concreto da Coruña, a medida vai encamiñada a favorecer a implantación da nova infraestrutura en 40.000 edificios, chegando a 750.000 persoas en toda a provincia. A TDT, sinala a plataforma estes dÃas, non lles vai supor a estas familias custo mensual algún, e poderán gozar de máis cadeas, máis calidade de imaxe e son e de máis servizos interactivos.
