INEO presentou en Santiago as súas axudas para os modelos de calidade das empresas
mércores, 18 de abril do 2007
INEO, a Asociación Multisectorial de Novas TecnoloxÃas da Información e a Comunicación de Galicia, presentou este mércores en Santiago os seus proxectos de axudas para as empresas galegas do sector. Estas axudas, que poderán chegar ata os 20.000 euros, van encamiñadas a apoiar iniciativas que queiran implantar certificacións de calidade de software. No acto de presentación, celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea, participou o presidente de INEO, Jorge Cebreiro, quen achegou datos sobre os froitos obtidos por un proxecto semellante desenvolvido o ano pasado e do que se beneficiaron dez máis de empresas da asociación a través da achega de financiamento.
Polo que respecta ó plan para a obtención de certificacións deste ano 2007, cómpre sinalar que a medida abrangue tres etiquetas:
· ISO 90003. GuÃa de adaptación da 9001 ó desenvolvemento de software e que permite a adopción dun sistema de xestión de calidade 9001 adaptado ós desñadores de software.
· CMMI e SPICE. Definen modelos de referencia para o deseño de software en sistemas de información.
· UNE 166000. Estándar que permite ás empresas organizarse con respecto a proxectos de I+D e acadar vantaxes competitivas á hora de obter financiamento público.
Os obxectivos de INEO con estas medidas son basicamente os seguintes: potenciar o afianzamento de sistemas de calidade nas empresas TIC en Galiza, impulsar a Sociedade da Información na nosa terra e incrementar a competitividade do sector.
INEO é un colectivo tecnolóxico e empresarial galego que está integrado por empresas das catro provincias galegas, dedicadas a prestar servizos e apoiar o desenvolvemento e a implementación das TecnologÃas da Información e Comunicación (TIC). Os principais produtos e servizos que ofrecen ao resto dos sectores galegos desenvólvense nos ámbitos da implantación de software, equipos informáticos (hardware), consultorÃa de implantación TIC, formación en TIC, subministro de comunicacións e redes, e de solucións e aplicacións en INTERNET.
