INEO e AJE Coruña asinan un acordo a prol da competitividade do sector TIC galego

mércores, 11 de xullo do 2007 Fernando Sarasketa

INEO, a asociación galega de empresas vinculadas ás TIC, vén de establecer un acordo con AJE Coruña co obxectivo de incrementar as oportunidades de negocio dos membros de ambas asociacións e, en última instancia, de afianzar a presenza mesma das novas tecnoloxías da información en tódolos eidos económicos e sociais da nosa terra. O acordo, que segundo INEO responde en parte ó seu interese por colaborar de xeito conxunto coas “asociacións máis representativas da actividade empresarial de Galicia”, foi asinado este martes no Edificio Caixa Galicia do Cantón Grande, na Coruña, perante a presenza de Daniel Ramos, presidente de AJE Coruña e de Jorge Cebreiros, presidente de INEO.
Segundo informa esta asociación, o convenio “permitirá meirandes niveis de cooperación entre as empresas coa finalidade de acceder a proxectos de envergadura ós que de xeito individual sería difícil acceder”.