IKEA venderá altofalantes conectados en agosto
luns, 8 de abril do 2019
Durante 2018 os altofalantes con asistentes de voz
desembarcaron no mercado español con bastante forza, pero este ano poderÃa ser
o da normalización dos altofalantes conectados grazas, en boa media, por
lanzamentos como a nova gama de
altofalantes de IKEA, Symfonisk, que desenvolveron en colaboración con Sonos,
e que chegarán ás tendas no mes de agosto.
A proposta de IKEA chega inicialmente en dous formatos: por unha banda temos un
altofalante de formato rectangular que busca montarse coa barra ou o estante
Kungsfors, ou agocharse nunha repisa para unha boa integración nunha estancia,
e que, como outros altofalantes deste tipo, tamén pode empregarse en grupo para
conseguir son estéreo ou envolvente; e por outra banda temos unha lámpada de
mesa que agocha un altofalante semellante ao Sonos
One.
No que a prezos se refire, a lámpada de mesa con altofalante Wi-Fi integrado
venderase a 179 euros, mentres que o altofalante Wi-Fi rectangular que pode
empregarse a xeito de repisa venderase a 99,95 euros, prezos que serÃan máis
populares aos que nos ten afeitos Sonos, polo que poderÃan ser un grande éxito
de vendas e xogar un grande papel á hora de popularizar os altofalantes
conectados.
- O altofalante con forma de lámpada é un dos formatos máis atractivos para a súa integración no fogar
- O altofalante con forma rectangular de IKEA terá un prezo de 99,95 euros, o que poderÃa ser o seu principal factor de éxÃto