Hub USB integrado nun portarretratos

xoves, 10 de abril do 2008 Marcus Fernández

Para suplir a falta de portos USB nalgúns equipos existen concentradores (ou hubs) que permiten engadir máis dispositivos, pero dende GeekSuff4U.com comercializan un hub que pretende ter un uso adicional, xa que se pode usar coma marco para fotografías de 6,2 x 5,3 centímetros que conta cunha lixeira retroiluminación.

Inclúe 4 conectores USB 2.0

Este portarretratos que fai de concentrador USB mide 11,3 x 8,2 x 5,7 centímetros e permite a conexión de ata 4 dispositivos USB 2.0. Está á venda por 16 euros, o que explica que non se trate dun auténtico marco dixital.

PUBLICIDADE