Huawei terá a súa propia cámara de 360 graos para smartphones con Android
xoves, 23 de febreiro do 2017
Hai tres meses unha
campaña en Indiegogo buscaba facer realidade a cámara Insta360 Air, un
accesorio con forma esférica que conta con dous obxectivos de ollo de peixe que
pode conectarse ao porto USB dun smartphone con Android para captar imaxes e
vÃdeos en 360 graos, e que xusto durante os dÃas nos que está a chegar aos seus
mecenas un anuncio dá a entender que poderÃa converterse nun produto realmente
masivo, xa que Huawei
pechou un acordo con Insta360 para comercializar este trebello baixo a súa
marca como Honor VR Camera.
Estamos ante un accesorio que pode popularizar enormemente a creación de
contidos en 360 graos e contribuÃr asà á adopción das tecnoloxÃas de realidade
virtual. Insta360 achegará tanto o hardware como o software deste produto que
permite tomar fotografÃas de 3.008 x 1.504 pÃxeles e vÃdeos cunha resolución de
2.560 x 1.280 pÃxeles (nalgúns modelos de móbil é capaz de capturar o vÃdeo a
3.008 x 1.504 pÃxeles), destacando por realizar a operación de cosido das imaxes dos seus dous
obxectivos directamente no móbil, o que permite que incluso poida realizar
retransmisións en directo a través de YouTube. ConfÃase en que máis adiante
tamén permita transmitir en directo vÃdeo de 360 graos tanto en Twitter como en
Facebook.
Polo momento non se coñece o prezo ao que chegará ao mercado está cámara, pero
dado a que a través de Indiegogo puido conseguirse por pouco máis de 100 euros
é de esperar que o seu prezo de venda sexa bastante asumible, converténdose nun
grande competidor para produtos como as cámaras Theta de Ricoh.