HTC presenta 3 novos teléfonos
martes, 16 de febreiro do 2010
Co gallo do Mobile World
Congress de Barcelona HTC decidiu presentar 3 novos terminais de telefonÃa móbiles
que veñen a ser versións evolucionadas
ou simplemente diversificadas doutros
dispositivos fabricados pola compañÃa, sendo o máis rechamante o HTC Desire,
que vén a ser o equivalente
ao Nexus One, pero incorporando de serie a interface Sense e
substituÃndo o trackball por un trackpad óptico. Os outros dous modelos
serÃan o HTC Legend (considerado coma un HTC Hero con carcasa de aluminio) e o
HTC HD mini (versión compacta do HTC HD2). Os 3 chegarán ao mercado no mes de
abril, e Vodafone foi a primeira compañÃa en confirmar que os incorporará ao
seu catálogo.
Indo polo miúdo, o HTC
Desire é un terminal con pantalla táctil AMOLED de 3,7 polgadas
cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, un procesador Qualcomm Snapdragon a 1
GHz, 576 Mb de RAM, cámara de 5 MpÃxeles, acelerómetro, GPS, compás dixital,
sensores de proximidade e luz ambiental, lector de tarxetas microSD de ata 32
Gb, Wi-Fi, 3G, posibilidade de compartir a conexión de datos do móbil por USB,
Bluetooth, radio FM e sistema operativo Android 2.1 (con widgets de HTC e
integración con redes sociais). Mide 119 x 60 x 11,9 mm e pesa 135 gramos con baterÃa.
VÃdeo de presentación do HTC Desire
O outro móbil con Android 2.1 que presenta HTC é o seu Legend, que pode
considerarse coma unha evolución do HTC Hero, cunha pantalla táctil AMOLED de
3,2 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles, trackpad óptico, procesador a 600 MHz, cámara de 5 MpÃxeles con
enfoque automático e flash, GPS, Wi-Fi, Bluetooth e outras prestacións
semellantes ás do HTC Desire (pero nun terminal de menor potencia). O HTC
Legend mide 112 x 56,3 x 11,5 milÃmetros e pesa 126 gramos.
VÃdeo de presentación do HTC Legend
O HTC
HD mini, pola súa banda, é un teléfono que funciona
con Windows Mobile 6.5.3 coma o HTC HD2, do que poderiamos
considerar que é un redeseño máis compacto e lixeiro (mide 103,8 x 57,7 x 11,7
milÃmetros e pesa 110 gramos), goza da interface HTC Sense, ten cámara de 5
MpÃxeles con enfoque automático e flash, GPS, Bluetooth, W-Fi, pantalla de 3,2
polgadas, procesador a 600 MHz e 384 Mb de RAM e lector de tarxetas microSD. A
súa banda larga móbil pode compartirse tanto por Bluetooth coma por USB,
podendo operar tamén coma se fose un punto de acceso Wi-Fi.
Presentación en vÃdeo do HTC HD mini
