HP reinventa o ordenador de sobremesa dándolle aparencia de altofalante
xoves, 1 de setembro do 2016
En moitos fogares óptase por adquirir ordenadores portátiles
ou todo-en-un por motivos estéticos e de espazo, pero pensando nos usuarios que
non queren sacrificar as prestacións dun bo equipo de sobremesa á vez que
queren coidar a súa estética, HP presenta o seu novo Pavilion Wave, un elegante
ordenador encerrado nunha carcasa de ten a aparencia dun altofalante de base
triangular e que, de feito, integra un altofalante de 360 graos, de xeito que
fai unha función dobre, á vez que ten unha aparencia moi discreta que non desloce
un escritorio ou un salón.
O HP
Pavilion Wave funciona con procesadores até os Intel Core i7 de sexta
xeración, até 2 TB de disco duro (con opción dunha segunda unidade cunha SSD de
128 GB), até 16 GB de RAM, opción de gráfica AMD Radeon R9 M470, un bo sistema
de son (B&O PLAY), a posibilidade de funcionar con até 2 monitores (1 UHD
ou 2 QHD), 3 unha completa conectividade (3 portos USB 3.0, 1 porto USB 3.1 de
tipo C, 1 HDMI, 1 DisplayPort, Gigabit Ethernet, toma para
micrófono/auriculares, Wi-Fi AC e Bluetooth).
Este equipo chegará ao mercado estadounidense o 23 de setembro a un prezo de
549,99 dólares, descoñecéndose o prezo no que o teremos en Europa, pero que
parece o suficientemente axustado como para converterse nun produto moi atractivo
para os que busquen un ordenador que poida colocarse no salón ou en calquera
outra instancia onde un ordenador en formato torre desentoarÃa bastante se
tivese unha estética tradicional.
- O equipo de HP pode empregarse no escritorio de forma bastante discreta, e incluso poderÃa colocarse nun estante pasando por un altofalante