Google quere realizar probas en redes Wi-Fi na banda dos 6 GHz
martes, 18 de agosto do 2020
Business Insider desvela que Google
ten interese en recibir autorización para probar unha nova xeración de
comunicacións sen fÃos en ducias de cidades estadounidenses, e terÃa
solicitado permiso á FTC para realizar probas da futura Wi-Fi na banda dos 6
GHz (concretamente entre os 5.650 e os 7.125 MHz), que permitirÃa conexións
máis rápidas que as actuais.
Estas probas realizarÃanse en 1 ou 2 cidades de 17 estados norteamericanos
(mentres que en California traballarÃan en 7 cidades), co que pretenden
producir información técnica de relevancia sobre a utilidade destas frecuencias
para conseguir conexións de banda larga fiables.
Actualmente as redes Wi-Fi funcionan nas bandas dos 2,4 GHz e dos 5 GHz, e a
banda dos 6 GHz abrirÃa novas posibilidades, ofrecendo principalmente maior velocidade
e menor alcance.