Digi incorpora Wi-Fi mesh á súa oferta de servizos

luns, 13 de setembro do 2021 Marcus Fernández

O operador Digi continúan a potenciar os seus servizos, e tras estrear conexións a 10 Gbps apostan agora por mellor a conexión dentro dos fogares, polo que ofrecen aos seus clientes o servizo NeoWIFI, que por 2 euros/mes achega un par de unidades Wi-Fi mesh, o que mellora substancialmente a cobertura sen fíos, así como unha conexión máis potente e optimizada.
As conexións mesh son unha solución que busca evitar os problemas que dan os repetidores Wi-Fi, conseguindo ampliar a rede sen fíos, pero facendo un uso intelixente de tal infraestrutura para achegar a mellor conexión posible en función da nosa localización no fogar.
Digi ofrece este novo servizo con instalación de balde, tanto para clientes novos como actuais, aínda que cómpre advertir que só contan cunha solución baseada en 2 unidades, polo que os consumidores que teñan fogares especialmente grandes deberían optar por mercar eles mesmos un kit de Wi-Fi mesh que permitan máis unidades en rede.

PUBLICIDADE