Google presenta o seu tablet con pantalla de 7 polgadas e Android 4.1
mércores, 27 de xuño do 2012
O evento Google I/O deste ano está a recoller numerosas
novidades da compañÃa de Mountain View, como unha nova versión de Android, a
tecnoloxÃa Google Glass e, moi especialmente, o Nexus 7, un novo tablet de Google
que conta cunha resistente pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x
800 pÃxeles, que non se queixará de potencia por estar alimentado por un
procesador de 4+1 núcleos nVIDIA Tegra 3 (cunha gráfica de 12 núcleos) que
funcionará co novo Android 4.1 e presume dunha autonomÃa de 8 horas
reproducindo vÃdeo en alta definición ou 10 horas navegando pola web ou lendo
contidos.
Entre as vantaxes deste dispositivo está a súa boa integración con Google Play,
abrindo o acceso a unha grande colección de libros electrónicos, pelÃculas,
series de televisión, aplicacións, revistas e música, destacando este último
apartado polo feito de que os usuarios poderán subir á nube ata 20.000 cancións
da súa colección actual de balde, para asà poder reproducilas dende os seus
dispositivos conectados.
- O agresivo prezo do Nexus 7 revolucionará o sector
O novo tablet tamén conta cunha cámara frontal de 1,2 MpÃxeles pensando no uso
da videoconferencia (Hangouts de Google+), ten 1 Gb de RAM e un almacenamento interno
de 8 ou 16 Gb, conectividade Wi-Fi N, Bluetooth e micro USB, tecnoloxÃa NFC,
GPS, acelerómetro, xiroscopio, magnetómetro... e todo iso en só 198,5 x 120 x
10,45 milÃmetros e un peso de 340 gramos, que sumado ao feito de que nos EE.UU. sae á venda por 199 dólares (a
través de Google Play) o converten nun produto sen competencia, que vai pór
nun apuro aos fabricantes de tablets con Android de baixo custo, que parecÃan
moi cómodos no contorno dos 200 euros, o que resulta caro agora que os
comparamos cun tablet considerablemente superior.
O prezo indicado corresponderÃa ao modelo de 8 Gb de capacidade, mentres que o
de 16 Gb custarÃa 50 dólares máis, e ambos estarÃan dispoñibles no mercado
norteamericano dentro de 2 ou 3 semanas.
VÃdeo de presentación do Nexus 7 de Google