Google amplÃa o alcance da súa tecnoloxÃa de edición fotográfica mediante IA
luns, 13 de outubro do 2025
Google está a ampliar o alcance do seu modelo de xeración e edición de imaxes máis recente, Nano Banana, desenvolvido a partir de Gemini 2.5 Flash. Desde o seu lanzamento en agosto, a ferramenta xa se empregou para crear máis de cinco mil millóns de imaxes, e agora intégrase directamente no buscador de Google, en NotebookLM e, nas vindeiras semanas, tamén en Google Fotos.
Nas buscas de Google, Nano Banana está dispoñible a través de Lens e do novo modo Crear da aplicación de Google para Android e iOS. Os usuarios poden facer unha foto ou escoller unha da súa galerÃa e transformala instantaneamente con axuda da intelixencia artificial. Ademais, o modo IA permite crear imaxes desde cero mediante descricións textuais, probar ideas creativas ou visualizar obxectos antes de mercalos, como un abrigo novo ou un moble co estilo desexado. Esta función comeza a despregarse en inglés nos Estados Unidos e na India, e chegará en breve a máis paÃses e idiomas.
En NotebookLM, o modelo Nano Banana reforza a función Resumos de Video, que converte documentos e notas en vÃdeos narrados para facilitar a comprensión de contidos complexos. Agora incorpora seis novos estilos visuais (acuarela, papercraft, anime, encerado, retro print e heritage) e pode xerar ilustracións contextuais a partir das fontes que o usuario carga no caderno.
Por último, a compañÃa confirmou que Nano Banana tamén se integrará en Google Fotos, permitindo aplicar estas capacidades creativas directamente sobre o arquivo persoal de imaxes.
