Gladiator A.D. levará o circo romano á Wii
martes, 26 de maio do 2009
O estudo High
Voltage, responsables do agardado The
Conduit para Wii, veñen de dar conta dun dos tÃtulos nos que están a
traballar, e que viña espertando certa expectación nas últimas semanas: Gladiator A.D.
O xogo resulta bastante sorprendente pola súa temática, claramente violenta
(tendo en conta as malas
vendas de xogos coma Madworld, House
of the Dead: Overkill e Grand
Theft Auto: Chinatown Wars nas consolas de Nintendo) e grazas a
unha entrevista
para IGN a David Pellas, director de deseño do xogo, podemos coñecer
detalles do que será Gladiator A.D.,
que contará cunha grande variedade de gladiadores (que irán desbloqueándose
segundo progresemos), canda un coa súa historia, aparencia, estilo de combate e
armas, existirán distintos tipos de ataque (con golpes finais), as accións
afectarán á historia (mestura elementos de estratexia e RPG), contará con
múltiples areas e o obxectivo será proclamarse grande campión no Coliseo.
AÃnda que a historia do xogo poida lembrar a pelÃculas coma Gladiator, o xogo inspirouse en 300 á hora de darlle unha aparencia
cinematográfica ao xogo e mesmo conta co Jeff Beal (autor da música da serie
televisiva Roma) para pór banda
sonora a este tÃtulo para Wii que utilizará o motor gráfico Quantum 3 (o mesmo
que The Conduit), aproveitará o Wii
MotionPlus e sairá á venda no primeiro trimestre de 2010.
A vindeira semana poderemos ver no E3 máis detalles deste impresionante tÃtulo,
que se amosará ao público xunto con The
Conduit, deixando claro con estes dous produtos que a Wii non é unha
máquina que sirva só para xogos de personaxes cabezóns orientados a un público
familiar.