
A Wii conta xa cun par de títulos violentos que realmente agradan aos hardcore gamers, coma son MadWorld e House of the Dead: Overkill, pero pese a ser un xogos de grande peso, nos seus meses de estrea nos EE.UU. só conseguiron vender 66.000 e 45.000 unidades nos EE.UU., o que sería unha grande decepción (pois nese mercado a Wii conta cun parque de máis de 22 millóns de consolas).

Curiosamente, nin o violentísimo MadWorld (xogo que consiste en matar aos nosos inimigos do xeito máis orixinal posible, camuflando o seu gore cunha aparencia inspirada no cómic Sin City) nin o feito de que en GTA: Chinatown Wars aparecese un mini-xogo consistente en traficar con drogas, causaron unha grande polémica coma outros títulos anteriores, pero o rexeitamento do público estaría presente onde máis doe ás compañías: nas vendas.
Resulta un pouco precipitado chegar a conclusións a partir de tan poucos lanzamentos (aínda que o feito de que esteamos a falar de xogos de altísima calidade os fai máis relevante), pero os desenvolvedores de xogos poderían tomar nota, e considerar que é demasiado arriscado lanzar títulos para maiores de 18 anos para consolas que non parecen orientadas a tal público, de xeito que certos xéneros continúen illados en plataformas como a PlayStation 3 ou a Xbox 360.
Os xogos violentos para as consolas de Nintendo fracasan en vendas
Compartir Este Artigo

