Dúas ducias de empresas fórmanse en Santiago no novo regulamento de protección de datos
luns, 25 de novembro do 2019
O
pasado
venres 22 de novembro celebrouse na sede da Cámara de Comercio de
Santiago unha xornada sobre como adaptar as nosas empresas á nova
Lei de Protección de Datos, que, como lembraremos, entrou en
vigor hai un ano poñendo en xogo unha serie de obrigas importantes
para os empresarios e os profesionais, como por exemplo garantir a
privacidade da información dos usuarios en todos os elos da cadea de
negocio, notificar violacións de seguridade cando estas afecten aos
datos persoais ou contar con recursos especificamente destinados a a
previr riscos de perda de información, entre outras disposicións. A
xornada da Cámara, que se desenvolveu baixo o epÃgrafe Xa está
a túa empresa adaptada á nova LPD?, dirixiuse a solucionar
dúbidas sobre estas e outras obrigas.
A
sesión informativa correu a cargo de Ramón Rey GarcÃa, doutor en
Dereito e que exerce en Castelao Abogados, firma xurÃdica
especializada en varias materias relacionadas directamente coa
cuestión (Dereitos de Autor, Propiedade Industrial, Novas
TecnoloxÃas e Protección de Datos), nas que é un referente a nivel
galego e estatal (ten sedes en Santiago de Compostela e Madrid).
Ramón
Rey debateu con máis de 25 empresas asistentes sobre: como está
regulada actualmente a protección de datos de carácter persoal en
España, se segue sendo obrigatoria a inscrición de ficheiros, cales
son os principios que rexen en materia de protección de datos, se é
importante a prestación do consentimento, cal é a idade para que os
menores poidan prestar o seu consentimento en materia de protección
de datos ou que é un delegado de Protección de Datos (DPD).
Co
gallo da xornada, Castelao Abogados asinou un acordo de de
colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago para ofrecer
servizos xurÃdicos en estas materias a os seus asociados con
interesantes descontos nos seus honorarios.
