Donkey Xote, Gritos en el pasillo e Nocturna, finalistas nos Mestre Mateo
luns, 10 de marzo do 2008
A Academia Galega de Audiovusal vén de dar a coñecer os nomes dos finalistas aos Premios Mestre Mateo 2007 e, como sempre, temos que falar dunha importante presenza de produtos e artistas directamente vinculados ás novas canles da información e da creación. O catálogo de modalidades dos premios, ós que optaron 121 traballos de 86 produtoras e que serán dados a coñecer o 15 de abril en Ferrol, inclúe apartados directamente relacionados co dixital, como o de Mellor Longametraxe de Animación, onde atopamos os seguintes filmes nomeadeos: Donkey Xote (da firma compostelá Bren, ligada a Filmax), Gritos en el pasillo (de Perro Verde, filmada integramente con cacahuetes) e Nocturna (de Filmax Animación, na imaxe).
Polo que respecta á categorÃa Mellor Obra Experimental ou Interactiva, hai catro finalistas: Cousas do Kulechov, de Susana Rey; Ecos, de Rubén Coca; El Humanoide, de Hipotálamo; e SQR, de Pixel Grafics (do que xa falamos nesta mesma web). Na modalidade de Mellor Curtametraxe de Animación, optan ó Premio Mestre Mateo as seguintes pezas: O bufón e a infanta (Dygra), Don Señor e o home do soño (Matriuska), A flor máis grande do mundo (Continental) e Man (Audiovisual de Servizos Kairós). Para máis información sobre o resto das modalidades, cómpre visitar a web da Academia.
