Devolo lanza un adaptador PLC con toma de corrente e pantalla integradas

venres, 28 de maio do 2010 Marcus Fernández

A tecnoloxía PLC pese a non conseguir converterse nunha alternativa solvente ao ADSL, o cable ou a banda larga 3G, ten certa utilidade no ámbito doméstico, especialmente en contornos onde as redes Wi-Fi teñen problemas para operar, o que fai que dispositivos coma o dLAN 200 AVsmart+ de Devolo sexan unha solución moi axeitada, ao permitir comunicacións de ata 200 Mbps cun alcance de ata 300 metros a través da instalación eléctrica e funcionando con simplemente enchufar e listo.
Este novo dispositivo incorpora unha pantalla que permite ver o estado de conexións doutros adaptadores PLC e ten un consumo eléctrico menor que dispositivos anteriores deste tipo. Tamén resulta bastante cómodo que integre a toma eléctrica que o alimenta, o que dálle unha aparencia compacta e atómica.
Posiblemente a principal eiva deste novo dispositivo de Devolo sexa o seu prezo, pois custa 85 euros 1 adaptador solto, mentres que o paquete con 2 dispositivos véndese por 160 euros.

PUBLICIDADE