Demon’s Souls sairá en Europa o 25 de xuño
venres, 16 de abril do 2010
Ao rematar 2009
comentamos o lamentable que era que o
xogo considerado coma o mellor RPG do ano, Demon’s
Souls, non estivese á venda en Europa, estando só dispoñible no
Xapón e en EE.UU., territorios nos que chegou a triplicar as previsións de
vendas iniciais, o que finalmente levou a Sony a cambiar a polÃtica de distribución
deste tÃtulo, para achegalo ao Vello Continente a través de Namco Bandai.
Este agardado xogo para PlayStation 3 chegará a Europa o vindeiro 25 de xullo,
e compensará o retraso cunha atractiva
edición limitada (coñecida coma Black
Phantom Edition) que, aparte do xogo, incluirá un CD coa súa banda sonora,
un libro de ilustracións e unha guÃa de estratexia.
Demon’s Souls é un tÃtulo bastante
avanzado, que agradecerán moitos amantes dos xogos RPG en consola, no que para
moitos é un tÃtulo superior ao referente do xénero durante os últimos meses, Dragon Age: Origins.