Creative presenta novas webcams para usuarios de portátiles

martes, 16 de outubro do 2007 Raquel Noya

Creative LiveCam UltraTer un portátil de última xeración cunha boa conexión a Internet (que hai algúns anos era practicamente privilexio duns poucos) xa non é suficiente para estar totalmente comunicados nos tempos que corren. Para estar á última en materia de novas tecnoloxías, hoxe en día, é case imprescindible ter unha webcam que permita realizar mensaxería de vídeo, chamadas telefónicas por Internet e outras comunicacións de xeito máis rápido, fiable, efectivo e sinxelo.
Para facilitar este tipo de comunicacións dende calquera punto da xeografía, a empresa Creative, ven de presentar unha nova gama de webcams para portátiles moi funcionais e sinxelas de empregar tanto por usuarios expertos como por aqueles que lle dan uso por primeira vez.
A Creative Live! Cam Notebook é pequena e versátil (pouco máis grande que unha pila AA) e compatible con Skype e Windows Live Messenger.
Ten un soporte moi funcional que se axusta en practicamente calquera tipo de portátil e un micrófono integrado na propia cámara que garantiza que o receptor ou receptores perciban a conversación claramente e reciban boas imaxes en calidade VGA.
O dispositivo inclúe un sensor de alta resolución de 1.3 megapixels e unha lente cun ángulo de visión ultra-wide de 80 graos (ideal para comunicacións entre grupos).
O seu prezo no mercado é de 19,90 euros e de 79,90 euros a versión Ultra.

PUBLICIDADE