Coruña Dixital estrea podcast para complementar o seu labor de divulgación e mobilización
luns, 11 de novembro do 2019
Coruña
Dixital, a fronte común do Concello e as comunidades locais a prol
da divulgación dixital e as tecnoloxÃas libres e participativas,
vén de estrear nova canle de comunicación. Trátase
do seu novo podcast, posto en marcha como complemento
informativo do actual programa de actividades de Coruña Dixital:
un altofalante no que dar conta das
vindeiras accións relacionadas coa tecnoloxÃa e a cultura dixitais
e dar conta dos proxectos que abrollen. O podcast
complementará a información achegada polo boletÃn, a web e as
redes sociais de Coruña Dixital.
Segundo
informa a comunidade, «este formato sonoro está a ser cada vez
máis empregado en distintos ámbitos e iso fai que teñamos a
posibilidade de escoitar desde elaborados produtos de ficción sonora
e informativos ata o que teñen que contarnos diversos colectivos e
asociacións». No podcast de Coruña Dixital teremos de maneira
regular información do #LAIC
e outras propostas de Coruña Dixital, e, ademais, poderemos coñecer
en primeira persoa a moitos dos colectivos que desenvolven as súas
actividades na cidade. Producido por Jorge Lama, podemos atopalo e
subscribirnos en Archive, iVoox
e Spotify.
O primeiro programa está dispoñÃble para a súa escoita: