Continúa a saudade televisiva grazas a Youtube (desta vez recuperan ós clásicos das series de animación)
xoves, 5 de outubro do 2006
Que foi exactamente do Capitán Planeta? Por que hai tanta xente en Galiza que se lembra del? Na web de Prez Who? non é que nos dean a resposta a estas preguntas mais si que nos permiten refresca-la memoria nos seus feitos e fazañas, asà como facelo tamén nunha ben extensa listaxe de personaxes de animación cos que medraron unha boa parte das/os internautas galegas/os.
DescubrÃmolo vÃa Pixel e Dixel e é unha desas boas obras de investigación, documentación e divulgación audiovisual que permite o Youtube.com e tamén (aÃnda que menos polo de agora) Google Video.
A listaxe de cartoons é ben longa: Beavis and Butthead, Peter Pan, X-Men, o dito Capitán Planeta, Batman, Casper, Clone Wars (Star Wars), Betty Boo, Conde Duckula, Futurama ou A Liga da Xustiza. Os arquivos son capÃtulos completos e están en inglés. Por certo que en Pixel e Dixel debeulles entrar a saudade televisiva, porque hai ben pouco recomendaban a visita á web de Stylus Magazine onde se recompilan os 50 mellores vÃdeo clips da historia, entre os que figura Michael Jackson con chapeu e pes en escaiola en repetidas ocasións, naqueles tempos en que lle saÃan imitadores frikis ata nas mellores familias.
