Comeza a comercialización das HoloLens 2
venres, 8 de novembro do 2019
Na
pasada edición do Mobile World Congress presentáronse as HoloLens 2, lentes
de realidade mixta que daban un importante paso adiante fronte á anterior
xeración desta tecnoloxÃa que, polo momento, destÃnase a aplicacións
industriais.
Este produto que comercialÃzase
a un prezo de 3.500 dólares (ou mediante mensualidades de a partires de 125
dólares) por fin está dispoñible para a súa compra tras un perÃodo de reservas,
polo que os desenvolvedores que queiran experimentar con esta tecnoloxÃa que
mestura a realidade aumentada coa realidade virtual poden por fin facerse cun
destes cascos que permiten incluso a interacción con elementos virtuais empregando
os propios dedos do usuario, o que permite un uso moi natural das novas
interfaces.
Microsoft considera que as HoloLens 2 son un produto axeitado para contornos
empresariais nos que o casco pode ser de axuda para labores de deseño,
formación, visualización, servizo técnico remoto, colaboración, arquitectura,
construción... afastándose do mercado de consumo como querÃan facer
inicialmente as Google Glass, e conseguindo crear certa expectación, sempre con
realismo e deixando claro que esta tecnoloxÃa está a evolucionar a un ritmo
bastante pausado, evitando asà a decepción de usuarios e empresas, conscientes
de que estamos nos primeiros pasos dunha tecnoloxÃa con grande proxección de
futuro e na que poucas compañÃas están a avanzar con tanta solidez como
Microsoft (existindo rumores de que Apple poderÃa entrar no sector na primeira
metade de 2020).