Comeza a 33 edición do Encontro da EconomÃa Dixital
luns, 2 de setembro do 2019
Hoxe,
mañá e pasadomañá celébrase na sede da UIMP (Palacio da
Madalena) en Santander a 33 edición dun dos grandes eventos
tecnolóxico-empresariais do ámbito estatal: o Encontro
da EconomÃa Dixital e as Telecomunicacións que organizan
anualmente a entidade AMETIC coa colaboración do Banco de Santander
e da Universidade Internacional Menéndez Pelayo. O lema deste ano (O
momento da reindustralización dixital) é unha declaración de
intencións: todas as entidades e empresas participantes, mesmo as
tecnolóxicas, queren poñer o foco na necesidade de subirnos ao
carro da transformación tecnolóxica (agora ou nunca).
O
congreso foi inaugurado hoxe por Pedro Mier (presidente da AMETIC), a
ministra Nadia Calviño, a reitora da UIMP MarÃa Luz Morán e a
vicepresidenta de Santander España, Isabel Tocino.
O
evento contará coa participación de altos representantes da
Administración e de organismos públicos españois e europeos,
máximos executivos das empresas tecnolóxicas referenciais, centros
de investigación, académicos e investigadores e relatores
relevantes. Entre
os persoeiros máis destacados da cita atópase o presidente do
Goberno español, Pedro Sánchez, que pechará co seu discurso (o dÃa
4) o programa de actividades.
Xunto
co presidente en funcións, as ministras de EconomÃa e Empresa,
Nadia Calviño, de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá,
e de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, participarán no
encontro.
Como
dixemos, o evento terá lugar no Palacio da Madalena de Santander no
marco dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez
Pelayo.
Durante
tres dÃas haberá conferencias maxistrais e mesas redondas, co fin
de promover o debate multilateral entre os distintos actores do
sector desde diferentes perspectivas: Intelixencia Artificial e Big
Data (análise de información a
gran escala); vehÃculos conectados e mobilidade sustentable;
conectividade e aplicación 5G; desenvolvemento do talento dixital;
ciberseguridade; computación cuántica; macroproxectos tractores; ou
dixitalización das PEME, entre outros ámbitos temáticos. A
axenda do evento está a disposición da comunidade internauta na web
de AMETIC.
