Cidades Dixitais tivo un investimento en Galiza duns 2,5 millóns de euros en 2006
mércores, 4 de abril do 2007
Hoxe puidemos saber (aquÃ, en formato pdf) a contÃa dos investimentos do Ministerio de Industria e dos Concellos participantes no programa Cidades Dixitais ó longo de 2006, iniciativa que beneficiou a cinco localidades galegas nese perÃodo e que, se nada o impide, contribuirá a curto ou medio prazo ó afianzamento na Sociedade da Información noutras tantas vilas e cidades da nosa terra. O concello que máis investimentos puxo en xogo foi A Estrada (na imaxe), con sete actuacións e 1.305.217 euros de contÃa total. As Pontes e Vilalba, xuntas en Vilas Dixitais, percibiron 244.556 euros, o Camiño de Santiago (con oito actuacións) 609.000 euros; Lugo (con sete actuacións) 247.500 euros e Vigo (con cinco) 174.601 euros. Todo elo constitúe un presuposto para Galiza de 2.580.874 euros.
O total do orzamento para 42 concellos de toda España foi de 30.339.912 euros, dos que 12,83 millóns foron achegados polo Goberno central. Segundo informa o Ministerio de Industria, en todas estas localidades (e en colaboración cos gobernos locais) leváronse a cabo actuacións de infraestrutura, administración electrónica, formación, telecentros, cultura, lecer, turismo e comercio dixital.
Asemade, neste reconto de cifras que vén de presentar Industria, tamén se fai referencia ó programa Cidades Singulares, do que forman parten 77 entidades locais de todo o estado español, incluÃdos os concellos de Lugo e Santiago. Nestes espazos puxéronse en marcha iniciativas encamiñadas a favorecer a chegada da administración e do comercio electrónico e da TDT, entre outras medidas máis vinculadas coa formación tecnolóxica. O orzamento en 2006 foi de 43 millóns de euros, dos que 24,13 foron achegados polo Ministerio de Industria.
