Chega ás tendas a versión mini do Commodore 64

venres, 13 de abril do 2018 Marcus Fernández

Aproveitando a vaga nostálxica que propiciou Nintendo coas súas consolas mini volve ás tendas unha homenaxe ao ordenador persoal Commodore 64 nun formato máis propio ao dunha videoconsola, o The C64 Mini, que consiste nunha versión reducida do Commodore 64 (cun teclado meramente decorativo) á que conéctase un joystick clásico co tamaño orixinal e 64 xogos precargados, que tiña anunciado o seu lanzamento para o pasado 29 de marzo, pero que finalmente non chegou a España até hoxe mesmo, cando podemos acudir ás tendas para mercar o curioso produto por 79,99 euros.
Este novo produto pode conectarse a televisores modernos para poder gozar de xogos clásicos de Commodore 64 con licenza oficial, aínda que moitos tamén agradecerán o detalle de poder cargar máis xogos a través de USB, podendo así cadaquén rememorar os seus xogos favoritos para un ordenador que hai 35 anos converteuse no grande referente doméstico en mercados como o norteamericano, mentres que en España tiñan mellor acollida outros equipos como o ZX Spectrum ou o Amstrad CPC.
Os xogos que inclúe The C64 Mini son AlleyKat, Anarchy, Armalyte: Competition Edition, Avenger, Battle Valley, Bounder, California Games, Chips Challenge, Confuzion, Cosmic Causeway: Trailblazer II, Creatures, Cyberdyne Warrior, Cybernoid II: The Revenge, Cybernoid: The Fighting Machine, Deflektor, Everyones A Wally, Firelord, Gribblys Day Out, Hawkeye, Heartland, Herobotix, Highway Encounter, Hunter’’s Moon, Hysteria, Impossible Mission, Impossible Mission II, Insects In Space, Mega Apocalypse, Mission A.D, Monty Mole, Monty on the Run, Nebulus, Netherworld, Nobby the Aardvark, Nodes Of Yesod, Paradroid, Pitstop II, Rana Rama, Robin Of The Wood, Rubicon, Skate Crazy, Skool Daze, Slayer, Snare, Speedball, Speedball II: Brutal Deluxe, Spindizzy, Star Paws, Steel, Stormlord, Street Sports Baseball, Summer Games II, Super Cycle, Temple of Apshai Trilogy, The Arc Of Yesod, Thing Bounces Back, Thing on a Spring, Trailblazer, Uchi Mata, Uridium, Who Dares Wins II, Winter Games, World Games e Zynaps.

PUBLICIDADE