Campá extractora con Bluetooth

mércores, 21 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Hotpoint-Ariston lanzou unha nova campá extractora para a cociña que se adapta aos novos estilos de vida incorporando conectividade Bluetooth, o que permite responder a chamadas telefónicas mentres cociñamos, e a campá On Air incluso conta cun programa de recoñecemento de sons que lle permite discriminar a voz do usuario de calquera ruído ambiental, ofrecendo a posibilidade de responder e realizar chamadas cunha palabra chave definida previamente. Cando se recibe unha chamada telefónica a campá tamén reduce automaticamente a velocidade de aspiración e reproduce os números e sons do teléfono.
Aparte desta curiosa innovación, as campás On Air ten función booster de grande potencia, 3 filtros de aluminio lavables no lavalouza e menú táctil de manexo sinxelo.

PUBLICIDADE