Base para o iPod que se comunica sen fíos co seu altofalante

xoves, 22 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de reprodutores multimedia de Apple non sempre empregan o seu iPod con auriculares, de aí a proliferación de bases de reprodución con altofalantes que tamén serven para cargar a batería dos reprodutores, que no caso dos Altec Lansing Octiv Air sorprende por incorporar tecnoloxía sen fíos na banda dos 2,4 GHz para poder separar a base do iPod dos altofalantes cun alcance de ata 33 metros (a través de paredes e tellados).
Esta base para o iPod conta cunha potencia total de 160 W, 2 subwoofers de 4 polgadas e 2 tweeters de 1 polgada, radio FM con 6 pre-sintonías, entrada de liña auxiliar (para cando queiramos escoitar música dunha fonte distinta a un iPod) e un mando a distancia versátil que non só controla o altofalante e o iPod, senón que tamén se pode programar para manexar outros dispositivos.
Por desgraza o prezo de venda deste sistema de son é un tanto elevado, xa que se vende en España por 399,90 euros.

PUBLICIDADE