Auriculares sen fÃos para a Xbox 360
martes, 11 de agosto do 2009
Para poder gozar da calidade
de son que presentan moitos tÃtulos da Xbox 360 poucos usuarios gozan dun
sistema Dolby 7.1, pero a experiencia de son envolvente non pode conseguirse só
mediante múltiples altofalantes, senón que tamén é posible reproducir a mesma
sensación cun auriculares de alta calidade, coma o novos Ear
Force X41 de Turble Beach que transmiten sen fÃos (mediante
radiofrecuencia na banda dos 2,4 GHz) o son envolvente que permite
somerxernos totalmente en xogos tácticos coma Call of Duty 4 Modern Warfare, Halo
3 e Left 4 Dead,
podendo aproveitarse esta información espacial non só para a ambientación,
senón tamén para localizar aos inimigos.
Estes novos auriculares sen fÃos incorporan os últimos algoritmos HRTF para
auriculares Dolby e permite unha sensación de inmersión sen precedentes, con
son con calidade de CD, sen compresión e sen a molestia dos cables. Tamén
contan cun micrófono para poder interactuar con outros xogadores a través do chat de voz de Xbox LIVE.
Para amortizar os 199,95 dólares (141,53 euros) que custan estes auriculares,
tamén podemos utilizalos para reproducir música da televisión, de reprodutores
de MP3 e doutras fontes de son analóxico.
O transmisor do X41 aliméntase a través dos portos USB da Xbox 360 ou do
ordenador, evitando a molestia dun adaptador de corrente, e os auriculares
contan cunha baterÃa que pode chegar ata 25 horas de autonomÃa. Chegará ás
tendas europeas en setembro.