Audio-Technica estrea auriculares sen fÃos relativamente económicos
xoves, 7 de outubro do 2021
O reputado fabricante Audio-Technica ten uns novos auriculares
sen fÃos, os ATH-SQ1TW,
que non só son cómodos e doados de usar, senón que incluso teñan un prezo
bastante axustado para ser unha marca de tanta sona, vendéndose nos EE.UU. por
79 dólares (68 euros) e no Xapón por 9.680 iens (75 euros), polo que podemos
confiar en que cheguen a Europa a un prezo máis que razoable.
Estes auriculares comercialÃzanse en numerosas cores, buscando asà adaptarse
aos gustos de moitos consumidores diferentes; teñen unha autonomÃa de até 6,5
horas (que poden alongarse 13 horas grazas ao seu estoxo de carga); teñen modo
de baixa latencia para buscar a sincronización entre o que se amosa na pantalla
do móbil e o que se escoita polos auriculares; contan con controis táctiles e
función de escoitar ao través; e incluso contan con protección IPX4 a proba de
salpicaduras, polo que poden empregarse sen medo no dÃa a dÃa.
O seu driver de 5,8 milÃmetros promete un audio de calidade; conta con Fast
Pair para unha sincronización rápida con dispositivos Android e incluso
permiten o uso dun auricular por separado. Toda unha combinación de prestacións
bastante boa na que a única carencia notable serÃa a cancelación de ruÃdo (que
non é precisamente unha demanda de todos os usuarios de auriculares).
- Os novos auriculares de Audio-Technica son compactos, cómodos e doados de usar
VÃdeo promocional dos auriculares Audio-Technica ATH-SQ1TW