As xornadas Bocados de Saúde do restaurante Garum, tamén na Rede
mércores, 30 de marzo do 2011
O restaurante Garum
de Santiago, un dos máis innovadores da Compostela vella no que a contido e
fondo se refire, vai tirar partido do seu espazo na rede social Facebook como
apoio comunicativo ás súas xornadas de tapas con conservas ecolóxicas. Máis
polo miúdo, trátase dos encontros Bocados
de saúde, actividade que contará co soporte gastronómico da liña Gran Selección de Cabo de Peñas
de Vilaboa. As xornadas, que se van desenvolver do 28 de marzo ao 10 de abril,
inclúen accións diversas de presentación e degustación e sorteos de latas de
conservas da dita marca a desenvolver en Internet, máis polo miúdo na páxina de
Facebook do Garum.
A actividade do Garum Bistro insÃrese á
súa vez noutro programa de accións, posto en marcha pola Asociación Gastronómica
Galega COMP&GO que integra, nunha única plataforma, a novos cociñeiros,
blogueiros-internautas, enólogos, profesionais da hostalerÃa, produtores ou
comunicadores. Todos eles cun interese común: a gastronomÃa.
