As universidades galegas súmanse ao programa de BlackBerry de formación de desenvolvedores de aplicacións
luns, 29 de abril do 2013
As tres universidades
galegas xa forman parte do Blackberry
Academic Program (BAP), unha iniciativa internacional para
fornecer chan firme aos estudantes que queiran acadar un meirande
coñecemento sobre programación e deseño duns recursos arestora en
clara proxección: as aplicacións móbiles para a plataforma
BlackBerry 10. O programa, que
segundo informa a Universidade de Santiago xunta a máis de 1.340
institucións de 118 paÃses, permite ás universidades
integrantes (e aos seus estudantes e investigadores) acceder a todo
tipo de materiais de balde, útiles para o desenvolvemento de
aplicacións, ademais de posibilitar a participación nunha chea de
actividades vencelladas ás novas tecnoloxÃas. A USC estréase neste
programa de accións, sen ir máis lonxe, cunha xornada
de traballo gratuÃta sobre desenvolvemento de aplicacións
móbiles con BlackBerry 10, este martes 30 de abril na ETSE.
Amais das universidades
galegas, no devandito programa hai xa inseridas outras sete
institucións educativas superiores estatais. Cómpre lembrar que o
BlackBerryAcademic Program traballa con institucións
académicas de todo o mundo para axudar aos estudantes na súa
formación especÃfica de programación e, tamén, para axudar á
propia plataforma Blackberry a redeseñarse e renovarse cada pouco.
Amais das galegas, as universidades que se unen ao BlackBerry
Academic Program son a Politécnica de Madrid, a Autónoma de
Madrid, a Politècnica de Catalunya, a Pontificia de Salamanca, a
Europea de Madrid, a de Sevilla e a de Cádiz. Entre as empresas
socias están escuelaIT, Mobile Engine, Quadrams e Gowex Mobile.
