As Mi Box de Xiaomi renóvanse en China
luns, 29 de xaneiro do 2018
A Mi Box
é un dos poucos dispositivos comercializados oficialmente por Xiaomi en España,
e consiste nunha caixa con Android TV
que permite converter un televisor con entrada HDMI en Smart TV con acceso a
aplicacións e numerosos servizos de vÃdeo baixo demanda, podendo incluso gozar
de vÃdeo en 4K con HDR e de funcionalidades como Google Cast (para ver no
televisor contidos enviados dende o móbil).
Aquà temos o que foi a primeira versión internacional do Mi Box, que na súa
versión chinesa actualizarase o vindeiro 1 de febreiro, cando pasará a ter dúas
versións e un prezo máis agresivo. Por unha banda teremos a Mi Box 4, en cor branca, cun procesador
de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1 (contando o seu
mando con recoñecemento de voz), son Dolby Audio e DTS-HD, USB 2.0 e HDMI 2.0,
que venderase a un prezo de 349 iuans (44,46 euros), mentres que o modelo Mi Box 4c, con carcasa de cor negra, conta
só con 1 GB de RAM, carece de Bluetooth e Dolby Audio, e grazas a esas
concesións reduce o seu prezo até os 249 iuans (31,73 euros), prezos moi
inferiores aos 74,99 euros do modelo internacional.
A versión chinesa das Mi Box non funciona con Android TV, senón con MIUI TV,
para adaptarse ao mercado chinés, pero é de esperar que en breve chegue unha
versión internacional que reduza asà o seu prezo e poidan converterse en
grandes competidores para produtos como o Chromecast, que vese claramente
superado por este produto con mando a distancia e funcionamento independente a
outros dispositivos smartphones ou tabletas.