Artigos desta sección
Pecha a revista NGAMER
Onte falábamos do peche da revista EDGE en España, pero agora sabemos que non será a única publicación do sector dos videoxogos que nos abandona, senón que Globus Comunicación tamén deixa de editar a revista NGAMER dedicada á Nintendo DS e Wii, e que non superaría os 18 números, quedando coa metade de vida que a edición española de EDGE. A caída na venda de (...)
Ler máisLeft 4 Dead estrea Pack de supervivencia
O xogo Left 4 Dead vén de recibir de balde unha actualización en forma de Pack de supervivencia nas súas versións de Xbox 360 e PC (aínda que a primeira chegou cunhas horas de antelación) de xeito que os usuarios que descarguen esta expansión poderán gozar dun novo modo de xogo chamado Supervivencia, así coma 2 novas campañas do modo competitivo (Versus) do (...)
Ler máisCargador USB para o acendedor do coche
Para tirar proveito do acendedor do coche, Belkin conta no seu catálogo cun cargador dual que permite alimentar dous portos USB dende tal toma, o que permite cargar moitos trebellos electrónicos incluíndo o iPhone (incompatible con moitos cargadores USB universais). Este cargador USB permite a conexión de dous dispositivos á vez e o seu prezo de venda é de (...)
Ler máisA edición de coleccionista de Batman: Arkham Asylum venderase en Europa
O novo xogo de Batman está a dar moito que falar, pois cada semana os seus responsables están a adiantar detalles do mesmo, como imaxes de personaxes coma Bane ou Harley Quinn, aínda que o que está a causar máis sensación é o anuncio dunha edición limitada de coleccionista que afortunadamente poderemos ver en (...)
Ler máisConfirman o peche da revista EDGE en España
Hai preto dun mes comentabamos a posibilidade de que a edición española da revista EDGE botase o peche en España, seguindo os pasos de SuperJuegos Xtreme, e finalmente confirmáronse as sospeitas, e nos foros da publicación os seus responsables anuncian que a editorial Globus abandona esta cabeceira ante a perda de anunciantes e o incremento de cotas da (...)
Ler máisOs xogos violentos para as consolas de Nintendo fracasan en vendas
As consolas de videoxogos de Nintendo vense habitualmente coma dispositivos familiares, aptos para todos os públicos, polo que algúns dos últimos lanzamentos dirixidos a maiores de 18 anos resultaron rechamantes pero, pese a conseguir unhas críticas excelentes que os converten case en insignias das súas plataformas, o público non os recibiu ben, o que podería (...)
Ler máisPresentan a xeración 1.5 do OLPC XO-1
O proxecto OLPC estreouse co seu equipo XO-1, que funcionaba cun procesador AMD Geode, pero este equipo non vai permanecer estático no tempo, de xeito que veñen de anunciar unha actualización que dan en chamar como xeración 1.5 e que incorpora un procesador VIA C7-M que pode funcionar ata a 1 GHz, con 1 Gb de DDR2 SDRAM e unha unidade de almacenamento Flash (...)
Ler máisMáis detalles sobre as novas entregas da saga Guitar Hero
Os xogos de Guitar Hero seguen de actualidade, e hoxe mesmo a distribuidora española desta franquía subministrou información sobre as novas entregas para consolas domésticas e portátiles. O irmán maior, o Guitar Hero: Greatest Hits está a comezar a amosar a súa listaxe de 48 cancións de éxito en anteriores entregas do Guitar Hero, pero adaptadas ao sistema de (...)
Ler máisO xogo Demigod tería 5 xogadores piratas por cada usuario lexítimo
Bard Wardell, de Stardock, revelou nos foros web destinados para o xogo en liña Demigod que os servidores destinados a manter o título operativo estaba a soportar unhas 120.000 conexións das que só 18.000 correspondería a usuarios que fan un uso lexítimo do xogo, mentres que o resto correspondería a copias piratas do mesmo, polo que están a traballar nalgún (...)
Ler máisO modelo 5630 XpressMusic de Nokia porase á venda o vindeiro luns
O Nokia 5630 XpressMusic, do que falamos recentemente na nosa web con motivo da súa presentación (non oficial), xa se poderá reservar a partir do vindeiro luns 20 de abril na tenda en liña de Nokia, por un prezo que ronda os 229€. Este terminal, que os seus fabricantes definen como “un dos máis agardados do mercado”, pertence á gama baixa/media da nova liña (...)
Ler máis0 | ... | 11110 | 11120 | 11130 | 11140 | 11150 | 11160 | 11170 | 11180 | 11190 | ... | 13090