Arlo Go, a cámara de vixilancia totalmente sen fÃos
martes, 29 de novembro do 2016
As cámaras de vixilancia son un elemento cada vez máis
habitual no noso contorno, pero continúan a ser elementos dependentes de
enerxÃa e conectividade para funcionar, de xeito que en certos contornos
resulta complicada a súa instalación, e atendendo a tal problemática chega Arlo Go, que
presume de ser a primeira cámara de seguridade totalmente libre de cables,
resistente a auga, con vÃdeo en alta definición e conectividade 3G/4G.
Falamos dun trebello de 90 x 69,5 x 77,9 milÃmetros e 335 gramos de peso que
integra unha cámara de vÃdeo cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles (cun
ángulo de 130 graos), micrófono e altofalante (xa que permite o audio
bidireccional), que conta con detección de sons e movemento axustables e visión
nocturna.
Consegue servir para colocar en case calquera lugar que imaxinemos
grazas á súa resistencia ás inclemencias meteorolóxicas (IP65), a gozar con
conectividade móbil e ao integrar unha baterÃa recargable de 3.660 mAh que
poderÃa chegar a funcionar varios meses seguidos.
Este atractivo produto sairá á venda a primeiros de 2017 a un prezo que parte
dos 449 dólares, resultando de grande utilidade para obras de construción, instalacións
portuarias, aparcadoiros e outros lugares nos que poida resultar complicado
dotar a unha cámara de electricidade e conexión de datos. Como vén a ser
habitual neste tipo de trebello, o control e a visualización da cámara pode
realizarse comodamente a través do móbil, asà como dun ordenador, destacando o
feito de que o seu fabricante tamén subministra servizos de almacenamento na
nube, que no seu plan básico achega de balde unha copia do rexistro das
deteccións de ruÃdo ou movemento dos últimos sete dÃas.
VÃdeo promocional da Arlo Go