Anticuarios de libros de cinco paÃses poñen na Rede 20 millóns de volumes
xoves, 17 de xaneiro do 2008
A Rede é un paso elevado que os colectivos creados arredor dunha mesma teima, gusto, afección ou dedicación aproveitan para que se lles vexa. É dicir: para que outra persoa coa mesma tendencia os atope. Isto semella aplicable a todo, dende o máis puramente tecnolóxico (redes sociais establecidas arredor de avances tecnolóxicos ou disciplinas de ciencia) ata o menos dixital. Dentro deste último eido, temos os libros antigos ou pezas de coleccionismo editorial, obxectos que, malia a súa natureza (no outro extremo da liña do tecnolóxico) son cada vez máis requiridos nas redes.
Esta demanda é un dos grandes motivos da posta en marcha dun proxecto que aglutinarÃa os esforzos e os fondos de ata 2.000 anticuarios europeos de libros.
O proxecto, que foi presentado esta mesma semana pola xunta directa da Asociación de Anticuarios por Internet (GIAQ) en Düsseldorf, integra vendedores de libros antigos de España, Holanda, Francia, Italia e Alemaña e achega, en consecuencia, ata 20 millóns de volumes.
Polo tanto, estamos a falar dunha cooperación de tipo privado a nivel europeo que, segundo os seus responsables, vai encamiñada a achegar un novo formato (de renovación, supoñemos) ó proceso de comercialización de pezas de coleccionismo editoriais a través da Rede. A iniciativa, chamada Mare Libri, é basicamente un motor de busca ligado directamente ás bases de datos de cinco portais achegados por cada un dos paÃses que lanzan o proxecto: Antiqbook.com (de Holanda), Livre-Rare-Book.com (de Francia), Prolibri.de (de Alemaña), Uniliber.com (de Italia) e Maremagnum.com (de España).
O portal preséntase en sete linguas e un dos seus obxectivos é ser flexible e afacerse ás necesidades e demandas de cada internauta, sendo o único que se lle require o feito de respectar os libros. Deste xeito, comezando dende abaixo, tanto é posible mercar cun volume de vello de menos de seis euros como (no outro extremo) adquirir unha versión de El Quijote editada en 1750 de 2.500 euros.
