Amosan o que será o tablet de Acer de nova xeración

venres, 30 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Un blog ruso vén de adiantar imaxes e detalles do que será o novo tablet de Acer, o Iconia Tab A700, que debería poder verse en poucos días no Consumer Electronics Expo (CES) de Las Vegas, e que suporá un interesante paso adiante en prestacións, xa que este tablet con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles e procesador nVIDIA Tegra 3 de 4 núcleos a 1,3 GHz parece bastante completo, prometendo unha autonomía de ata 10 horas de reprodución de vídeo coa súa batería de 9.800 mAh.
O Acer Iconia Tab A700 tamén contará cun deseño bastante fino, só pesará 650 gramos e contará con lector de tarxetas microSD, saída micro-HDMI, porto micro-USB, cámara de 5 Mpíxeles con flash e capaz de gravar vídeo en alta definición, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0 e 3G, pol oque pouco máis pode pedirse a este dispositivo que chegaría ao mercado entre os meses de marzo e abril.

O Acer Iconia Tab A700 contará cunha ampla conectividade

PUBLICIDADE