Amigus celebra as vacacións de Semana Santa cunha nova quedada maker
martes, 9 de abril do 2019
Este
mes de abril a comunidade argalleira con devezos extra de crear
tecnoloxías en colectividade e ver canto de lonxe poden chegar as
moitas capacidades de cada quen, van ter unha ocasión ideal para
facelo: unha nova edición dos Amigus
Labs, os obradoiros argalleiros que convocan regularmente os
integrantes da Asociación Amigus
en colaboración con Merca
nas Pontes.
Os
obradoiros formarán parte do Fablab Pontes que estará operativo
durante toda a Semana Santa (dende o 13 ata o 21 de abril en horario
de 10.00 a 14.00 horas) na biblioteca do Conservatorio Profesional de
Música. As sesións estarán abertas a toda a cidadanía.
Nas
xeiras maker que organiza novamente Amigus faranse avanzar os
proxectos abertos en anteriores citas, como por exemplo o barco
autónomo solar ou o vehículo solar que participará na regata que
se celebrará en Baiona en xuño. Tamén se darán novos pulos á
fabricación dun escaner 3D e á optimización das impresoras 3D.
Neste punto, será o obxecto de traballo un proxecto impulsado nos
últimos meses e que require optimización: a impresora 3D de gran
formato creada nas anteriores sesións.
As
ferramentas para poñerse mans á obra serán novamente ferramentas
de software e hardware libre: dende placas Arduino e Raspberry Pi,
ata software de programación, deseño, modelado e animación 3D.
O
obxectivo de Amigus é que todo o mundo se implique e descubra as
posibilidades que leva dentro. “A cita non deixa de ser un
workshop, un obradoiro,
o que quere dicir que os asistentes a el han de involucrarse en todo
o que alí sucede”, explican dende a asociación, salientando o
potencial deste tipo de sesións de traballo para “adquirir novos
coñecementos ou habilidades ou intercambio de impresións á vez que
se favorecen as tarefas en equipo”.
A
idade mínima para participar nos workshops e de 8 anos en
adiante, e a inscrición é de balde.
Estas
son as entidades colaboradoras: Concello das Pontes • COHEMPO •
ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade
• Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono
• Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of
English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces
Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil •
Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino •
CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter
