Amazon presenta o seu Kindle máis avanzado
mércores, 28 de setembro do 2022
Os lectores de libros electrónicos de Amazon dan un paso de
xigante co novo Kindle Scribe,
xa que este novo dispositivos non só destaca pola súa grande pantalla de tinta
electrónica de 10,2 polgadas cunha resolución de 300 puntos por polgada e
iluminación frontal, senón que tamén inclúe un lapis dixitalizador que permite realizar
anotacións como se estivésemos ante un caderno, aÃnda que estas prestacións
tamén supoñen un importante incremento de prezo, deixándoo no seu modelo básico
en 369,99 euros.
O Kindle Scribe vén a ser unha evolución do Kindle Paperwhite, cun maior tamaño
e coa opción de escritura en pantalla, de xeito que pode resultar apto para
quen busque unha grande pantalla para unha lectura máis confortable como para
quen queira realizar anotacións en libros e documentos (como ficheiros de Word
e arquivos PDF), convertendo o trebello nunha ferramenta de traballo moi
práctica.
O modelo básico conta cun lapis dixitalizador básico e 16 GB de almacenamento,
podendo optarse tamén por un lapis premium que integra borrador e botón de
acción rápida e capacidade de almacenamento de até 64 GB (co que o prezo
chegarÃa até os 449,99 euros).
O punto forte deste dispositivo serÃa trasladar a experiencia do papel tanto á
lectura como á escritura, e incluso serÃa unha boa opción ante competidores
como o popular reMarkable 2,
co que coincidirÃa en moitas funcións, pero que ten a súa resolución de
pantalla limitada a 226 puntos por polgada, o que supón unha importante diferenza
en nitidez (algo moi importante neste tipo de trebellos). Curiosamente o Kindle
Scribe é uns poucos euros máis económico que este competidor directo, dando a
impresión de que Amazon tivo moi presente a oferta actual no mercado á hora de
lanzar o seu Kindle máis avanzado.
AÃnda que xa podemos reservar o produto, non se entregará até o mes de
decembro, polo que podemos entender que non estará incluÃdo nas promocións que
haberá no mes de outubro (ou mesmo no Black Friday).