Advirten dun falso virus que se propaga de xeito masivo entre usuarios do Facebook

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Fernando Sarasketa

Non todo vai ser un leito de rosas para os usuarios de Facebook e outras redes sociais. Polo que se conta, e sen ánimo de sacar a ninguén da Internet, tamén van ter a súa doses de carrachas dixitais. De feito, a previsión é que sexa aí, nestas comunidades, onde máis se tendan a concentrar as achegas de malware e demais tentativas de enleala. ata certo punto, semella natural: todos os emprazamentos concurridos do mundo (e o virtual non ía ser unha excepción) contan coa súa dose proporcional de malas intencións.
Un exemplo disto é a falsa alerta de virus que supostamente se está a distribuír de xeito masivo entre os usuarios de Facebook, informa PandaLabs. Se ben non estamos a falar dunha ameaza moi seria, o certo é que non deixa de ser un engano, desta vola dirixido a facer máis usuarios dos conseguintes falsos antivirus que a consecuencia do malware inexistente se poñen logo en circulación.
Os envíos foron rexistrados nas últimas 24 horas, a través de correos electrónicos. Os usuarios, como é lóxico preocupados, dedícanse a facerlle chegar o aviso aos seus contactos, ou a pendurar a informar nos seus cadernos, co que contribúen aínda máis ao seu espallamento.
O texto que se amosa é o seguinte:
ALERT >>>>> Has your facebook been running slow lately? Go to “Settings” and select “application settings”, change the dropdown box to “added to profile”. If you see one in there called “un named app” delete it… Its an internal spybot. Pass it on. about a minute ago….i checked and it was on mine.
Segundo conta Panda, non leva ligazón algunha, pero se un usuario fai unha procura na Rede para ampliar os datos dispoñibles atopará unha boa cantidade de sitios falsos que, de cliquear neles, descargan no computador persoal un falso antivirus. Este programa non solicitado (do tipo rogueware) leva o nome de LivePcCare e, instalado no equipo, pode causar certos fallos no mesmo ou mesmo servir de lanzadeira de programas sen o noso coñecemento.