Adobe non adaptará o Flash Player a Android 4.1
venres, 29 de xuño do 2012
AÃnda que a única plataforma que se opuxo firmemente á
tecnoloxÃa Flash de Adobe en dispositivos móbiles foi Apple, o tempo deulles a
razón, e demostrouse que os elementos web con esta tecnoloxÃa deseñados para o
PC non tiñan unha doada translación ao móbil (principalmente por basearse en
pantallas táctiles en vez de en ratos informáticos) o que levou a Adobe a
anunciar o pasado mes de novembro que Ãa centrar Flash no PC e en aplicacións
móbiles con Adobe AIR, abandonando o desenvolvemento da versión móbil do Flash
Player, o que está a piques de concretarse de xeito evidente, de xeito que
agora anuncian que o engadido actualmente que leva os contidos en Flash a
terminais con Android non
vai a ir máis aló de Android 4.0. De feito, a partires do 15 de agosto o
Flash Player vai deixar de estar dispoñible a través de Google Play, impedindo
a súa instalación ou actualización.
AÃnda que o Flash Player poida funcionar en terminais certificados que o inclúen
presinstalado, no caso de que estes queiran actualizarse a Android 4.1 deberÃan
desinstalar o Flash Player por non estar certificado para este sistema
operativo no que amosarÃa un comportamento errático. AsÃ, aÃnda que continúe a
existir a posibilidade de usar Flash en Android 4.1, non serÃa recomendable.
Tamén cómpre destacar que os usuarios que teñan terminais con versións vellas
de Android e Flash poderán seguir contando con actualizacións de seguridade do
Flash Player.
