ADNStream.tv ofrece filmes de balde do selo Filmax
xoves, 7 de febreiro do 2008

- O filme Romasanta en ADNStream.tv
Filmax e ADNStream.tv semellan estar situándose na liña do novo mercado audiovisual que impoñen as redes, os seus usuarios e, en definitiva, os tempos que vivimos. E fano cun proxecto de videoclub de balde e en liña que xa ten a dÃa de hoxe arredor de oitenta pelÃculas para descarga libre. Podemos atopalo na canle web de ADNStream a través do apartado Canales TV.
O proxecto, encamiñado nun principio a operar en España, seguirÃa o ronsel deixado por uns vellos amigos desta nosa web, os rapaces do Grupo Nai (Bertamiráns), responsables da posta en marcha de Videoclub.com.es, un innovador modelo de negocio de produtos audiovisuais baseado en parte na achega de filmes gratis con insercións de publicidade local.
A iniciativa de ADNStream (que polo tanto non serÃa, como se nos conta na Voz, a única experiencia en España destas caracterÃsticas) tira partido deste mesmo modelo de publicidade -aplicado abondo en Estados Unidos- para pór ó alcance dos internautas tÃtulos distribuÃdos por Filmax como O soño de ValentÃn, Beyond Reanimator, Darkness ou A lenda do Cid.
Por certo que os filmes están accesibles durante todo o dÃa e a publicidade non constitúe interrupción algunha dos mesmos, posto que vai inserida antes ou despois.
