AD Case, o airbag do iPhone

luns, 2 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Philip Frenzel, de 25 anos, é o creador de AD Case

Este mes chegará a Kickstarter na procura de financiamento un proxecto que está a captar moita atención dos medios nos últimos días: unha funda para o iPhone que funcionaría dun xeito semellante ao airbag dun automóbil, ou sexa, que activaría medidas de protección en anticipación a un impacto.
A AD Case é un invento do estudante de enxeñaría alemán Philip Frenzel, que vén de recibir un premio da Sociedade Alemá de Mecatrónica por este traballo que consiste basicamente nunha funda para o smartphone (nun principio limitarase aos móbiles de Apple a partires do iPhone 6) que desprega 8 patas das súas esquinas ao detectar unha caída, para impedir que a pantalla do dispositivo impacte contra o chan.
Temos así unha combinación entre patas retráctiles e tecnoloxía de detección de caídas, que precisa de enerxía para funciona, de xeito que decidiron integrar nesta curiosa funda unha batería que pode cargarse sen fíos, de xeito que temos unha solución que tanto protexe o móbil como serve para ampliar a súa autonomía ou recargar a súa batería cun cargador por indución.

AD Case é unha orixinal idea para protexer o iPhone ante caídas

Vídeo no que se amosa o funcionamento da AD Case

PUBLICIDADE