A web que recompila a historia do Celta, en perigo por defender a bandeira galega
luns, 19 de xullo do 2010
A páxina web Historiadoceltadevigo.net, que como o seu propio nome indica ofrece un percorrido polos logros pasados e presentes do equipo galego, vén de ser obxecto dunha serie de presións en liña polo feito de ter promovido a bandeira galega na camisola dos xogadores. Asà nolo conta a CiberIrmandade facéndose eco de declaracións do principal responsable desta páxina web, unha das achegas fundamentais de información sobre todo o relacionado co celtismo, tanto polo volume da información que pon en xogo como polo importante número de colaboradores e usuarios.
Polo que se nos conta dende o sitio celtista, o xermolo da polémica (que segundo advirte o equipo da devandita web poderÃa rematar co peche da mesma) estivo nunha proposta apoiada e promovida dende a páxina para incluÃr a bandeira galega na camiseta oficial do equipo, proposta que motivou o rexeitamento dun directivo (baseando o seu argumento en que o Celta é por enriba de todo un equipo español) e logo unha serie de ataques dende certas entidades, ataques que se estenden á natureza mesma da web celtista e que semellan deixar de lado que se trata dunha páxina desinteresada e que neste intre é a única de todo o panorama virtual que recompila tódolos datos relativos á historia do equipo vigués.
A páxina, que neste intre estarÃa en risco de perder apoios de financiamento por ter defendido a bandeira que a fin de contas lle é propia ao Celta, rexistra un salientable número de visitas o mes, arredor de 10.000. O venres 16 de xullo, sen ir máis lonxe, contabilizáronse 4.000.
