A marca iPhone xa estaba collida en España
venres, 2 de febreiro do 2007
O novo e revolucionario aparello de Apple, o iPhone (móbil, reprodutor multimedia e cámara dixital e computador portátil nun único dispositivo) segue a saír nos medios de comunicación, mais non sempre polos motivos que máis agradarían á casa fabricante, que son so motivos de calquera pai ou nai coa súa criatura. Así, temos que falar de novo do iPhone porque a súa marca, polo menos en España, non semella ser “tan súa”. Segundo informa CanalPDA, a marca en cuestión xa está rexistrada por Al-Pi, o operador catalán para firmas de France Telecom e participado pola Generalitat. Segundo informa a empresa, o nome da discordia estivo a ser empregado nestes últimos tres anos para os servizos de telefonía que comercializa, servizos que se prevé que cheguen no ano 2007 a unha cifra de 27.000 liñas. Polo momento, semella que Al-Pi non se puxo aínda en contacto con Apple.
