A aplicación galega UseFeeling situouse entre os mellores proxectos universitarios no certame internacional RedEmprendia Spin2012
xoves, 29 de novembro do 2012

- De esquerda a dereita, Moisés Vilar e Luis Manuel Morán (FotografÃa de Andreu RomanÃ)
Finalmente non foron dar á nosa terra algún dos premios da
convocatoria iberoamericana RedEmprendia Spin2012, certame
internacional no que concorrÃa a aplicación galega UseFeeling
(tal e como sinalamos
hai uns dÃas en Código Cero) polas grandes vantaxes de emprego
e espallamento no mercado que pon en xogo. O xurado dos galardóns
RedEmprendia
Spin2012 -un foro de emprendemento universitario celebrado en
Madrid- incluÃra a iniciativa galega entre un selecto grupo de 14
traballos, que foron os que chegaron á final. A nosa achega veu da
man dun grupo de universitarios de Santiago de Compostela e Vigo
(Diana Candelero GarcÃa, LuÃs Manuel Morán Hermida e Moisés Vilar
Vidal) e consiste nunha ferramenta gratuÃta para smartphones
que permite acceder a todas as ofertas da cidade desde o móbil. Por
certo que o xurado foron os propios usuarios da web de
RedEmprendia.
Máis polo miúdo, UseFeeling é unha plataforma de
comunicación para que os propietarios de locais de lecer promovan as
súas ofertas e eventos online, facéndoas chegar ao móbil
dos seus clientes. Amais disto, os clientes poderán conectar con
amigos da súa mesma cidade e competir entre eles cumprindo
diferentes retos que propón a aplicación.
A ferramenta acadou finalmente o importante recoñecemento de ter
chegado á final con algunha das iniciativas innovadoras e de
emprendemento TIC de meirande proxección futura e internacional. A
aplicación UseFeeling foi escolmada, xunto cos restantes finalistas,
de entre 200 propostas chegadas dende máis dun cento de
universidades de oito paÃses iberoamericanos e que recibiron un
total de 23.000 votos dos usuarios da web do concurso.
Lembrar que no certame en cuestión establecéronse dúas
categorÃas: Premio da Idea á Acción e
Premio da Universidade á Empresa.
As ideas de negocio gañadoras do Premio da Idea á Acción,
foron Biofase, do Tecnolóxico de Monterrey (México),
Nanoestructurados Bromelia, do Instituto Politécnico Nacional
(México) e Remote Debugging Service, da Universidade do Porto
(Portugal). Os tres proxectos recibiron un premio en metálico de
3.000 euros cada un e viaxarán a Estados Unidos para asistir a un
curso de formación en Babson College. Ademais, RedEmprendia
ofreceralles asesoramento para pór en marcha as súas ideas
emprendedoras. Este galardón conta co mecenado da Fundación
Española para a Ciencia e a TecnoloxÃa (FECYT).
No Premio da Universidade á Empresa, destinado a apoiar a
tres proxectos empresariais e empresas universitarias de recente
creación, repartÃronse un total de 50.000 euros en recoñecementos.
O primeiro premio, dotado con 25.000 euros e patrocinado por PWC
España foi para Xeiba Open Innovation Center, do Tecnolóxico de
Monterrey (México). A spin-off da Universitat de Barcelona,
Iproteos, S.L. levouse os 15.000 euros do segundo premio patrocinado
por NH Hoteis. Finalmente, o terceiro galardón patrocinado pola
Fundación Banesto e cunha dotación de 10.000 euros, foi para
Terravocado SAS, empresa colombiana incubada no Parque E da
Universidade de Antioquia.
