A aplicación Alpify facilitou o rescate de dous montañeiros en Euskadi
martes, 28 de xaneiro do 2014
Tanto se fala sobre os
riscos de usar as TIC sen unhas pautas lóxicas de conduta, pero de
cando en vez (cada vez máis) chegan á nosa redacción informacións
en clave positiva sobre o importante papel despregado polas
tecnoloxÃas. Este luns 27 os internautas e usuarios de dispositivos
en xeral tiveron ocasión de lembrar que termos o móbil o man pode
salvar vidas. E senón que llelo digan aos montañeiros que se
extraviaron os dÃas pasados na contorna do monte Jaizkibel
(Gipuzkoa) e
conseguiron ser rescatados pola Ertzaintza nun prazo de media hora.
A clave de tanta rapidez? Hai que buscala na aplicación móbil
Alpify, servizo de
xeolocalización habilitado nos recursos de urxencias do Goberno de
Euskadi.
Os montañeiros, segundo
explicou o executivo vasco, perdéronse a pasada fin de semana e o
rescate levouse a cabo na noite do sábado. Previamente, un dos
aventureiros tivo o bo tino de activar no seu dispositivo móbil a
alerta da ferramenta Alpify, o que fixo posible que os servizos de
rescate tivesen oportunidade de localizalos xeograficamente sen
apenas marxe de erro. Tamén souberon de contado o seu número de
teléfono e o seu nome. A recollida dos montañeiros desenvolveuse
como dixemos en só trinta minutos, malia as condicións do clima
especialmente adversas (a pasada fin de semana bateu en Euskadi e
Nafarroa un temporal equivalente a este que estamos a vivir arestora os
galegos). Lembrar que a devandita aplicación móbil foi integrada
recentemente nos servizos de urxencias do Goberno vasco e é de balde
e compatible con trebellos con iOS e Android. Entre outras cousas,
permite ao usuario, en caso de emerxencia, enviar o seu emprazamento
exacto aos equipos de rescate. Isto faise con só premer o botón de
emerxencia da aplicación. A maiores, os usuarios, a condición de
que se atopen dentro do perÃmetro de funcionamento de Alpify, poden
recibir mensaxes relativas á seguridade da zona en que se atopen.
Por exemplo: os esquiadores e usuarios que practiquen actividades
nunha estación de esquà que dispoña de Alpify poderán recibir
mensaxes sobre as condicións climatolóxicas, posibles avarÃas,
etc.
